Zona Franca estuda colaborar con Pontevedresa Group para fortalecer a unha compañía “punteira” en Galicia

Visita de David Regades a Pontevedresa Group.. ZONA FRANCA

O Consorcio Zona Franca de Vigo estuda colaborar con Pontevedresa Group para fortalecer a unha compañía “punteira” en Galicia, xa que é actualmente o fabricante de vidro técnico máis antigo de España e o principal xerador de emprego e investidor autóctono do seu sector na Comunidade.

Así o sinalou Zona Franca nun comunicado tras a visita do delegado do Estado, David Regades, ás instalacións da firma, situadas no polígono da Reigosa (Pontecaldelas). Alí foi recibido polo presidente executivo de Pontevedresa Group, Francisco Barbeito, así como polo vicepresidente da empresa, Iago González, que lle explicaron os procesos de fabricación e mostráronlle a súa tecnoloxía de vidro tépedo curvo con capacidade para procesar espesores ultrafinos e grandes formatos.

“O crecemento de Pontevedresa Group e a súa importante presenza no mercado é un orgullo para a provincia de Pontevedra e para Galicia”, indicou Regades, explicando que calquera compañía en crecemento pode achegarse a Zona Franca porque dispoñen das ferramentas para darlles “apoio e para colaborar”.Pontevedresa Group é unha industria familiar fundada en 1959, que na actualidade conta con 80 empregados.