InicioPolíticaO pleno do Porriño tomba a proposta de orzamentos municipais a pesar...

O pleno do Porriño tomba a proposta de orzamentos municipais a pesar de levar catro anos de prórrogas

"O orzamento co que traballamos actualmente non atende en absoluto ás necesidades da cidadanía de hoxe en día e átanos as mans á hora de prestar servizos básicos", explica o rexedor.

PUBLICADO O

O pleno do Concello do Porriño tombou a proposta de orzamentos municipais de 2022 presentada polo novo goberno local a pesar de levar catro anos de prórrogas. Tal como indicou o Concello do Porriño nun comunicado, a folla de ruta económica presentada polo goberno municipal chega sete meses despois da investidura do novo alcalde, o ‘popular’ Alejandro Lorenzo.

“O desenvolvemento da actividade municipal con cargo ao orzamento prorrogado de 2018 dificulta enormemente a xestión diaria, impedindo, entre outras cuestións, a prestación regular de servizos básicos ao non contar con partidas. En resumo, non permite dar cobertura ás necesidades básicas do Concello nin dos veciños”, lamentou Lorenzo.

As contas que propuñan desde o PP recollían 27,8 millóns de euros, dos cales máis de 18,6 millóns correspondían a actuacións esenciais financiadas con ingresos ordinarios e 9,2 millóns a unha operación de crédito para investimentos de primeira necesidade para a veciñanza, como a levada a cabo na rede de saneamento, a dotación de vivenda de protección oficial ou a supresión do paso a nivel.

“O orzamento co que traballamos actualmente non atende en absoluto ás necesidades da cidadanía de hoxe en día e átanos as mans á hora de prestar servizos básicos”, explicou o rexedor, a pesar de que finalmente as contas non obtiveron o respaldo da oposición, que tachou os orzamentos de “precipitados, non traballados o suficiente e non consensuados”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...