InicioCulturaFito & Fitipaldis actuará en Vigo o 28 de outubro e un...

Fito & Fitipaldis actuará en Vigo o 28 de outubro e un día despois na Coruña

As entradas saen á venda o 1 de agosto.

PUBLICADO O

O grupo Fito & Fitipaldis actuará en Vigo o próximo 28 de outubro no marco da programación musical do Xacobeo 21-22, segundo anunciou este xoves a delegada territorial da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias.

Así, Fito & Fitipaldis chegará ao Auditorio Mar de Vigo en outubro coa súa nova xira ‘Teatros e Auditorios’, tras completar este mes de xullo o tour do seu último disco. As entradas sairán á venda o vindeiro luns, 1 de agosto, a través de ‘Teuticket’.

“Esta nova actuación vén completar a mellor oferta musical que terá a cidade este ano”, reivindicou Fernández-Tapias, destacando outros concertos como o do grupo británico Muse ou o de C. Tangana, co patrocinio do Xacobeo.

Ademais, Fito & Fitipaldis tamén actuará na Coruña. Será ao día seguinte, o 29 de outubro, no Palacio da Ópera da cidade. O delegado da Xunta na urbe herculina, Gonzalo Trenor, subliñou que o obxectivo do Executivo galego con estes concertos é promover a celebración do Ano Santo, apostando pola celebración de eventos musicais que sitúan a Galicia no imaxinario colectivo.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...