Interceptado en Vigo un condutor dun vehículo de mobilidade persoal que triplicaba a taxa de alcol

Os feitos ocorreron na madrugada deste venres.

Policía Local de Vigo

A Policía Local de Vigo interceptou a un condutor dun vehículo de mobilidade persoal que triplicaba a taxa de alcol permitida tras provocar un accidente na rúa Alfonso XIII.

Os feitos ocorreron na madrugada deste venres, sobre as 03,00 horas, cando os axentes foron alertados de que se produciu un accidente de circulación no que se viu implicado un vehículo de mobilidade persoal.

Ao chegar ao lugar, e tras ser atendido polos servizos sanitarios o ferido, A.A.M., os axentes comprobaron que o condutor respondía con “incongruencias” sobre as causas do accidente, polo que se lle realizaron as probas de alcoholemia, dando resultado positivo de 0,79 e 0,78 miligramos de alcol por aire aspirado, causando así denuncia administrativa.

A Policía Local lembrou que os condutores de vehículos de mobilidade persoal tamén deben adecuarse ás normas de circulación vixentes e aplícaselles de igual maneira as sancións actuais que procedan no caso de vulneración.