InicioCulturaUnha trintena de grupos locais e galegos emerxentes actuarán no Marisquiño

Unha trintena de grupos locais e galegos emerxentes actuarán no Marisquiño

Actuarán en Samil e no peirao de Transatlánticos entre os días 11 e 14 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este luns a programación musical incluída no acordo entre o Xacobeo 21-22 e o festival O Marisquiño, que contará cunha trintena de grupos locais e emerxentes.

Neste sentido, a representante autonómica desvelou os nomes dos 30 grupos que actuarán tanto en Samil como no peirao de Transatlánticos entre os días 11 e 14 de agosto, durante a celebración do festival do deporte urbano.

“Un dos alicerces nos que se basea este acordo é o fomento da cultura local, polo que serán 30 grupos vigueses e do resto de Galicia, xa que desde a Xunta tamén queremos dar apoio á cultura e aos mozos vigueses”, reivindicou Fernández-Tapias, despois de que o Goberno autonómico dese unha axuda de 300.000 euros a OMarisquiño, un 50% máis que en 2021.

Con estilos que van desde os ritmos urbanos como o hip-hop ou o trap á electrónica, os grupos actuarán de 13,00 horas a 01,00 horas de venres a domingo, durante 12 horas ininterrompidas tanto no escenario de Samil como no peirao.

“A maior parte dos artistas son locais e galegos, aínda que algúns deles xa se fixeron un nome tamén na escena internacional. Ademais, destaca tamén a notable presenza de artistas femininas”, subliñou Fernández-Tapias.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...