InicioSociedadeVigo ten baixos niveis de resevas de sangue que están complicando cirurxías

Vigo ten baixos niveis de resevas de sangue que están complicando cirurxías

Comesaña doou sangue este sábado no Hospital Nicolás Peña, en Vigo, e fai un chamamento a realizar "un esforzo especial" no verán.

PUBLICADO O

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, doou sangue este sábado no Hospital Nicolás Peña, en Vigo, e fixo un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A positivo, A negativo e 0 positivo.

As reservas deste tres grupos sanguíneos, segundo indicou, presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por medio da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

De feito, o conselleiro recoñeceu, en declaracións aos medios, que os baixos niveis de reserva nestes grupos obrigaron xa nalgunha área sanitaria –en concreto, aludiu ás de Vigo e Santiago– a aprazar determinadas intervencións cirúrxicas e a que estas fosen “substituídas” polas doutros pacientes ante “o risco” de operar “sen o ‘stock’ de sangue preciso”.

O titular da carteira sanitaria autonómica lembrou que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias. ADOS destaca que Vigo é unha cidade solidaria no que respecta á doazón de sangue, xa que a súa taxa é de 48 x 1000 habitantes, conseguindo o pasado ano as 14.238 doazóns.

“UN ESFORZO ESPECIAL” NO VERÁN

En moitas dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos e en determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede durante a época estival, pero non sucede o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados, que precisan os centros sanitarios.

Por iso, a Xunta lembra que é “imprescindible” a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, e o departamento sanitario autonómico solicita “un esforzo especial” para incrementar as reservas de sangue durante os meses de verán.

As distintas unidades móbiles da ADOS visitan, nestes días, diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...