InicioMedio Ambiente e PatrimonioO alcalde de Baiona tras o lume de Baredo: "Seguimos en alerta...

O alcalde de Baiona tras o lume de Baredo: “Seguimos en alerta máxima”

Destaca que o descenso de vento e temperaturas baixa o risco de que se reavive o lume.

PUBLICADO O

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, informou este sábado de que o incendio declarado ás 00,39 horas do venres segue “baixo control” e precisou que a intensidade do vento descendeu, así como as temperaturas, polo que tamén baixou o risco de que se “reavive o lume”.

Aínda así, mantivéronse durante toda a noite reténs constantes de bombeiros e de persoal da Garda Civil, xa que a superficie queimada no incendio é ampla e, segundo o rexedor, pode ser necesario continuar con labores de finalización. “Debemos estar en alerta máxima“, explicou o rexedor, quen agradeceu os labores dos medios de extinción e a colaboración entre administracións.

A Consellería de Medio Rural trasladou que quedou extinguido ás 00,53 horas o lume forestal de Baiona, que ademais obrigou a desaloxar preventivamente oito vivendas, aínda que os veciños xa puideron regresar ás mesmas pouco despois. Rexistrado na parroquia de Baredo, afectou a 46 hectáreas arboredos.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...