InicioDeportesAbel Caballero asegura que "Vigo está na carreira para ser unha das...

Abel Caballero asegura que “Vigo está na carreira para ser unha das sedes do Mundial de Fútbol 2030”

Di que son "falsas" as informacións que exclúen á cidade do mundial.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a cidade “está na carreira para ser unha das sedes do Mundial do Fútbol 2030”, no marco da candidatura de España e Portugal para acoller este evento deportivo.

Así o asegurou nunha rolda de prensa, na que afirmou que non son certas as informacións publicadas sobre a ausencia de Balaídos na relación de estadios que optan a ser sedes no Mundial se se concede a súa celebración a España e Portugal .

Segundo explicou o rexedor, a Xunta comunicou ao Concello o pasado 7 de xullo que propuxera como sedes, por parte de Galicia, a Vigo e A Coruña, en resposta á demanda do Goberno para que expuxese as alternativas de Galicia. O próximo 14 de xullo haberá unha reunión convocada pola Real Federación Española de Fútbol na Cidade Deportiva de Las Rozas, na que estarán presentes representantes do Concello e do Real Club Celta.

Nese encontro, explicou Abel Caballero, estudaranse os requisitos que esixe FIFA para que os estadios acollan partidos do mundial, entre eles os aforamentos (40.000 persoas), medidas de seguridade, capacidade hoteleira da cidade e a súa contorna, posibilidades de mobilidade, etc.

En relación a algunhas informacións publicadas polo Faro de Vigo sobre que Balaídos quedou fóra das sedes que optan a formar parte da candidatura de España e Portugal, Abel Caballero foi tallante: “Nada máis lonxe da realidade, é completamente falso“.

Nese sentido, sinalou que el mesmo contactou co ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta; co secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco; e co presidente da Real Federación Española de Fútbol, e referiuse a a súa “boa disposición” para que Vigo estea entre as sedes. Queremos ser a sede que se designe desde Galicia, con todo o respecto para A Coruña (…), e en 2030, como é natural, a reforma do estadio de Balaídos estará completamente acaba

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...