InicioPolíticaOs 'populares' reclaman unha rectificación a Carmela Silva pola súa "actitude" coa...

Os ‘populares’ reclaman unha rectificación a Carmela Silva pola súa “actitude” coa delegada da Xunta en Vigo

"Unha compañeira líder, aínda que estea nas antípodas ideolóxicas, merece todo o respecto á hora de traballar, sexa no campo político ou no campo administrativo", sinalou Raquel Touriño, vicesecretaria da Comisión de Igualdade do PPdeG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión Permanente de Igualdade do PPdeG pide a Carmela Silva que rectifique tras a súa “actitude” coa delegada territorial da Xunta e presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, durante unha foto de familia nun acto na cidade olívica.

Segundo trasladaron os populares, a Comisión demanda unha rectificación, xa que consideran que “se trata dunha situación que non se pode volver repetir”. Por iso, esixen “unha resposta clara” e insisten en que “non pode ser que estea a traballar para que as mulleres sexan referentes nesas fotos, que non estean ninguneadas, e que veña Carmela Silva a querer borrar e ningunear a unha compañeira“.

Nunha nota de prensa remitida aos medios a semana pasada, o PPdeG denunciou que durante un acto, celebrado no hotel Attica 21 de Samil, Carmela Silva dirixiuse a Marta Fernández-Tapias con expresións como “non es máis que unha simple directora xeral” ou “es un carguito menor”, no momento de colocarse as autoridades para a fotografía de familia.

“Unha compañeira líder, aínda que estea nas antípodas ideolóxicas, merece todo o respecto á hora de traballar, sexa no campo político ou no campo administrativo”, sinalou Raquel Touriño, vicesecretaria da Comisión de Igualdade do PPdeG.

IGUALDADE EN TODOS OS MUNICIPIOS

Por outra banda, o PPdeG avanzou que incorporará o seu “proxecto común” en materia de igualdade en cada un dos 313 concellos de Galicia que se marcan como obxectivo nas próximas eleccións municipais de 2023.

Neste sentido, a vicesecretaria da materia, Raquel Touriño, apuntou que ese “proxecto común” incorporarase ás medidas que cada un dos municipios presentará nos comicios locais.

“Esixiremos que as formacións populares se convertan en axentes sociais, que dean solucións aos veciños e veciñas dos seus concellos, de maneira que, por exemplo, cheguen a todos os programas que está a realizar a Xunta”, salientou.

Así mesmo, Touriño definiu esta Comisión como un “laboratorio de ideas” que lle poidan axudar ao PPdeG a levar “políticas útiles” en materia de igualdade á sociedade galega en xeral.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...