InicioPolíticaO Parlamento volve pedir que se inclúa a conexión de Stellantis coa...

O Parlamento volve pedir que se inclúa a conexión de Stellantis coa rede de moi alta tensión

Demandan tamén o reforzo dos nodos de transporte máis próximos aos proxectos de xeración renovable para minimizar o impacto das novas liñas eléctricas de evacuación e garantir a competitividade da industria.

PUBLICADO O

Todo o Parlamento galego volveu a pedir ao Goberno central que “rectifique” –tras proposta do PPdeG— e inclúa a conexión da planta de Stellantis en Vigo coa rede de moi alta tensión, así como que se constrúa a subestación de Balaídos.

Ademais, con esta iniciativa pídese o reforzo dos nodos de transporte máis próximos aos proxectos de xeración renovable para minimizar o impacto das novas liñas eléctricas de evacuación e garantir a competitividade da industria.

No debate, a deputada popular Teresa Egerique censurou que “non é entendible que, sen cambiar as circunstancias que en 2015 motivaron a inclusión da proposta na planificación da rede eléctrica, agora, a mesma actuación e cos mesmos precedentes, quedase excluída da nova planificación 2021-2026”.

Egerique critica que “o único que fai” o Goberno “é mirar para o Mediterráneo” e non atender as necesidades de Stellantis en Vigo, no que considera un “desequilibrio absoluto entre o sector industrial do país”.

Pola súa banda, Carme González (BNG) mostrou o apoio do seu grupo a esta proposta e espera que o Goberno “rectifique” e que sexa a “última vez” que se trae esta iniciativa á Cámara. No entanto, avisa de que na reunión entre Alfonso Rueda e Pedro Sánchez será o “momento de corroborar o peso político que ten” o presidente galego no Estado.

Leticia Galego (PSdeG) apoiou a petición, pero remarcou que xa se aprobou en máis ocasións. “Non sei que pretende traendo outra vez” esta iniciativa, preguntouse. Xunto a isto, reprochou aos populares que cando estaba Mariano Rajoy no Goberno e Feijóo na Xunta “non fixeron nada” respecto diso.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...