InicioPolíticaA Xunta achega 3 millóns máis á urbanización de Navia para "facer...

A Xunta achega 3 millóns máis á urbanización de Navia para “facer fronte á suba de prezos”

PUBLICADO O

A Xunta incrementará ata os 14,3 millóns de euros, case 3 millóns máis do consignado inicialmente, o orzamento de licitación das obras para ampliar a urbanización do barrio de San Paio de Navia, en Vigo.

Segundo explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o obxectivo desta ampliación de crédito é adaptar as condicións do contrato “para facer fronte á subida de prezos e ao encarecemento dos materiais”.

En concreto, a ampliación do barrio de San Paio de Navia divídese en tres fases e permitirá habilitar un total de 1.600 vivendas protexidas, 733 delas proxectadas no polígono número 1. Neste contexto, Rueda lembrou que para poder adxudicar e iniciar a urbanización da primeira fase aínda é necesario que o Concello de Vigo “dea o visto e prace ao proxecto”.

ÚLTIMAS

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...