InicioPolíticaO PP acusa a Carmela Silva de faltar ao respecto á delegada...

O PP acusa a Carmela Silva de faltar ao respecto á delegada da Xunta en Vigo

Ocorreu, segundo os 'populares', na recepción a autoridades de Galicia organizada polo Corpo Consular destinado en Vigo, no que lle tería dito "non es máis que unha simple directora xeral", "es un carguiño menor".

PUBLICADO O

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirmou este domingo que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, faltou ao respecto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o pasado mércores 29 de xuño na recepción a autoridades de Galicia organizada polo Corpo Consular acreditado en España e destinado en Vigo.

Segundo o PPdeG, durante este acto, celebrado no hotel Attica 21 de Samil, Carmela Silva dirixiuse a Marta Fernández-Tapias con expresións como “non es máis que unha simple directora xeral”, “es un carguiño menor” ou “que che cres, presidenta?, no momento de colocarse as autoridades para a fotografía de familia.

Nun vídeo difundido polos populares galegos, obsérvase como, no instante de colocarse para esta imaxe, ambas as mandatarias intercambian unhas palabras e Fernández-Tapias, que nun principio estaba situada detrás de Carmela Silva, sitúase á esquerda da presidenta da Deputación provincial.

Para Paula Prado, a actitude que segundo os populares tivo Carmela Silva é “unha falta de respecto no ámbito institucional”, xa que Marta Fernández-Tapias é a delegada da Xunta en Vigo “e por tanto representa o Goberno de todos os galegos” e, por outra banda, “un desprezo e unha falta de respecto a todas as mulleres”.

Ademais, a secretaria xeral dos populares galegos, defendeu que se se quere que as mulleres asuman postos de responsabilidade e de dirección, “non é de recibo que a presidenta da Deputación desprece á representante da Xunta de Galicia” e, engadiu, “iso leva a un desprezo no ámbito da igualdade”.

Nesta mesma liña, Prado criticou que Silva defende “un feminismo de lata e de todo a cen” que “non representa as mulleres de Vigo, áas de Pontevedra e tampouco ningunha muller de Galicia”.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...