InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero presume da nova praza da Miñoca e do seu río...

Abel Caballero presume da nova praza da Miñoca e do seu río artificial “Lagares 2”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres a remodelación da Praza dá Miñoca, na que o goberno local investiu máis de 1,6 millóns de euros para facer un “cambio total” do espazo.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico presumiu dunha reforma “case imposible de imaxinar” antes, “do brillante e extraordinaria” que foi, e que converteu a praza nun novo espazo de esparexemento para os veciños.

Así, apuntou, deseñouse en forma de bancadas debido á pendente, e conta, entre outros atractivos, cun río artificial “que se vai a chamar Lagares 2”. Tamén ten un macroparque infantil, zonas verdes (con 160 árbores novas, que se suman aos 180 que se manteñen), unha zona de bancada para actuacións, parque biosaludable ou área de ‘parkour’.

A remodelación da praza incluíu tamén novas redes de saneamento e abastecemento, iluminación led, novo mobiliario, un carril bici e a reparación do empedrado e da escultura da ‘miñoca’.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...