InicioCulturaIggy Pop, Two Door Cinema Club ou Mando Diao visitarán Vigo no...

Iggy Pop, Two Door Cinema Club ou Mando Diao visitarán Vigo no Festival Latitudes

Súmanse a outras citas xa pechadas como as de C. Tangana o 23 de agosto ou Muse o 8 de setembro.

PUBLICADO O

O cantante estadounidense Iggy Pop, os irlandeses Two Door Cinema Club, o suecos Mando Diao e os británicos The Vaccines son os artistas que encabezan a primeira edición en Vigo do Festival Latitudes, que se celebrará os próximos 19 e 20 de agosto co patrocinio do Xacobeo 21-22.

Así o anunciou este xoves a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, quen presentou o evento musical acompañada, entre outros, polo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, xa que o festival se levará a cabo no peirao de Transatlánticos.

“A Xunta traerá a Vigo este verán, sen ningún lugar a dúbidas, a mellor oferta musical de toda Galicia”, reivindicou a representante autonómica, quen destacou a calidade do cartel do Festival Latitudes e lembrou outras citas xa pechadas como as de C. Tangana o 23 de agosto ou Muse o 8 de setembro.

O Festival Latitudes, que celebrou a súa última edición en 2016 en Santiago de Compostela, chega agora ao porto de Vigo con dous días cheos de actuacións musicais. Ademais da cabeza de cártel, outros grupos, algúns vigueses, tamén estarán como Aphonnic, Furious Monkey House ou Zalomon Grass.

Os abonos sairán á venda este venres, día 1 de xullo, en ‘ataquilla.com’ ás 12,00 horas con catro tramos de prezos diferentes, desde os 35 aos 50 euros.

ÚLTIMAS

Retencións de varios quilómetros na AP-9 ao seu paso por Vigo tras producirse un accidente e unha picada de roda

Un accidente entre un camión e un coche e unha picada de roda doutro...

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Ferida unha persoa tras ser atropelada en Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras ser atropelada por un vehículo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...