InicioSociedadeO hospital Álvaro Cunqueiro está de aniversario: sete anos con 229.600 ingresos...

O hospital Álvaro Cunqueiro está de aniversario: sete anos con 229.600 ingresos e 1,2 millóns de urxencias

A Xunta di que está a "vangarda dos mellores hospitais de España".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mércores, 29 de xuño, fai sete anos que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo abría as súas portas para atender ao seu primeiro paciente. Desde entón, o centro hospitalario rexistrou máis de 229.600 ingresos, 83.400 cirurxías e 1,2 millóns de urxencias.

Entre outras cifras, tal como recolle o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, neste sete anos tamén se atenderon máis de 2,6 millóns de consultas externas e trouxéronse ao mundo 23.400 bebés.

O que este hospital conseguiu nestes sete anos de funcionamento é algo moi inusual, superando todas as expectativas ao situarse á vangarda dos principais hospitais de España, onde xa se converteu nun referente nacional”, reivindicou o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Ponte.

Segundo el, isto é froito da súa gran capacidade e, sobre todo, “do excelente traballo e compromiso dos profesionais”. “Agora que o Álvaro Cunqueiro xa está consolidado, toca seguir avanzando, sendo o momento de afrontar novas actuacións para reforzar a súa funcionalidade”, engadiu Ponte.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...