InicioEconomíaA urbanización de Alfageme debe cubrir a débeda cos traballadores, di Marea...

A urbanización de Alfageme debe cubrir a débeda cos traballadores, di Marea de Vigo

O grupo político lembrou que existe un acordo plenario no que a Corporación pactou que calquera operación urbanística neses terreos debería facerse vinculada á reparación e compensación ao antigo persoal da conserveira, que se foi á rúa ao pechar a factoría en 2010.

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo esixiu ao goberno local que tome medidas para que o desenvolvemento urbanístico do ámbito da antiga conserveira Alfageme leve a cabo de maneira que os traballadores poidan cobrar a súa débeda, e que “non pase o que ocorreu cos terreos do Grupo de Empresas Álvarez” en Cabral.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, sinalou que moitos terreos industriais da cidade acabaron con fábricas abandonadas e cos espazos recalificados para outros usos non industriais. “Algo que parece que vai ocorrer nos terreos da antiga Alfageme”, apuntou.

Respecto diso, lembrou que existe un acordo plenario no que a Corporación pactou que calquera operación urbanística neses terreos debería facerse vinculada á reparación e compensación ao antigo persoal da conserveira, que se foi á rúa ao pechar a factoría en 2010.

“Pero a realidade é que non está a ser así (…), o goberno local pretende incorporar os terreos á novo PXOM se contar cos acordos plenarios previos”, denunciou Pérez Correa, quen pediu que se evite o “agravio” aos traballadores e que a operación se converta nunha acción “especulativa” para “alimentar” outras operacións na zona.

Finalmente, o portavoz de Marea pediu que non ocorra o mesmo que pasou cos terreos do Grupo de Empresas Álvarez, en situación de abandono e cuxos antigos traballadores seguen sen cobrar.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...