Rufus Wainwright presentará en Vigo o seu último traballo nomeado aos Grammy

O vocalista e compositor aterrará á cidade o vindeiro sábado 2 de xullo.

Rufus Wainwright aterrará en Vigo o próximo 2 de xullo para presentar o seu último traballo nomeado aos Grammy.. THEOFFICECO

O vocalista e compositor Rufus Wainwright aterrará o vindeiro sábado 2 de xullo en Vigo para presentar o seu último disco nomeado aos premios Grammy ‘Unfollow the Rules’, un álbum co que o artista regresa ás salas para vivir a música en directo tras dous anos de parénteses.

Este concerto, que se levará a cabo a partir das 21,00 horas no Teatro Afundación de Vigo, é un dos pratos fortes internacionais da programación musical do Xabobeo 21-22.

Esta será a única data de Rufus Wainwright en Galicia, dentro da súa xira europea de presentación do seu último traballo. As entradas para o concerto están á venda a través de ‘Ataquilla.com’, segundo informaron os organizadores nun comunicado.