InicioSucesosIncautadas máis de 25.250 pezas de roupa falsificada en Vigo

Incautadas máis de 25.250 pezas de roupa falsificada en Vigo

O valor auténtico no mercado pode superar o millón de euros.

PUBLICADO O

A Garda Civil incautou o pasado día 8 de xuño unha partida de roupa, calzado e bolsos supostamente falsificados nun control selectivo de vehículos en Vigo.

Tal como informou a Benemérita nun comunicado, os feitos ocorreron no transcurso dun control de automóbiles que estaba a realizar a patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Tui na estrada do Aeroporto de Peinador na cidade olívica.

Nun dos vehículos inspeccionados, un camión dunha empresa de paquetería, os axentes comprobaron que transportaba 79 caixas con pezas de roupa de recoñecidas firmas comerciais coas etiquetas supostamente falsificadas.

En total contabilizáronse máis de 25.250 pezas, na súa maior parte de roupa deportiva. Ao comprobar os compoñentes da patrulla que o condutor do camión carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á súa incautación, cuxo valor auténtico no mercado pode superar o millón de euros.

A mercadoría incautada púxose a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo e o propietario foi investigado penalmente por un delito contra a propiedade industrial.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...