InicioEconomíaNovas paradas nun dos sistemas de produción en Stellantis Vigo por ...

Novas paradas nun dos sistemas de produción en Stellantis Vigo por falta de subministracións

A principios de xuño, a factoría viguesa comunicara que melloraban as súas previsións de aprovisionamentos e reducía os días de parada en xuño e xullo.

PUBLICADO O

A falta de aprovisionamentos levará á planta de Stellantis en Vigo a realizar novas paradas de produción a próxima semana, segundo confirmaron fontes da empresa ao persoal.

Así, a dirección comunicou aos traballadores que “por causa de forza maior” e a consecuencia desa falta de subministracións, cancelarase a actividade no sistema 1 de produción –que monta os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elysée– na quenda de tarde do xoves 23 de xuño e na quenda de noite do domingo 26.

Con respecto ao sistema 2 de produción, onde se montan as furgonetas, o programa de xuño mantense, de momento, sen alteracións.

A principios de xuño, a factoría viguesa comunicara que melloraban as súas previsións de aprovisionamentos e reducía os días de parada en xuño e xullo. Así, confirmaba como laborables os días 30 de xuño e 1 de xullo, así como o 19 de xuño para o sistema 2.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...