InicioSucesosMorren dous mariñeiros na explosión dun atuneiro vigués en Seychelles

Morren dous mariñeiros na explosión dun atuneiro vigués en Seychelles

Hai oito feridos. O barco fora secuestrado en Somalia no 2000.

PUBLICADO O

Dous tripulantes do Albacora Catro, atuneiro con porto en Vigo, faleceron nunha explosión da embarcación producida en Seychelles durante unha reparación en porto.

Segundo informan fontes do sector a Europa Press, os falecidos son un tripulante galego e outro asturiano. O Albacora Catro é un atuneiro conxelador que opera nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Fontes do Goberno trasladan a Europa Press que ademais dos dous falecidos de orixe galega e asturiano –ambos os residentes en Vigo–, hai oito tripulantes feridos.

Os feridos foron atendidos polo centro do Instituto Social da Mariña (ISM) na zona e foron trasladados ao hospital acompañados de persoal sanitario do ISM.

Co seu porto base en Vigo e bandeira española, conta cunha eslora de 83 metros e a súa alta definitiva produciuse en 1989. Este pesqueiro foi secuestrado no ano 2000 fronte ás costas de Somalia, cando pertencía a unha compañía vasca.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...