InicioSociedadeA ministra de Xustiza afirma, ante o 'caso enchufe', que o Goberno...

A ministra de Xustiza afirma, ante o ‘caso enchufe’, que o Goberno non dá indultos en casos de corrupción

O deputado do PP Luís Santamaría recriminou ao Executivo que "están a piques de indultar" o funcionario vigués, que facilitou a contratación da familiar de Silva.

PUBLICADO O

A ministra de Xustiza, Pilar Llop, referiuse este mércores aos indultos que concede o Goberno, en resposta a unha pregunta do deputado do PP Luís Santamaría, que mencionou expresamente o caso do exfuncionario vigués, Francisco Javier G.O., condenado a máis de 5 anos de cárcere por ‘enchufar’ nunha concesionaria municipal unha cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A ministra lembrou respecto diso que o Executivo ten as súas “liñas vermellas”, e non outorga esa medida de graza en casos de corrupción, violencia machista ou de narcotráfico no Campo de Xibraltar.

A intervención de Pilar Llop produciuse na sesión plenaria do Congreso, cando Luís Santamaría lle preguntou polos indultos que concede o Goberno, e fixo referencia, ademais dos condenados polo ‘procés’ e ao caso de María Sevilla, á condena do exfuncionario do Concello olívico.

Así, o deputado do PP recriminou ao Executivo que “están a piques de indultar” o funcionario vigués, que facilitou a contratación da familiar de Silva, e a beneficiada “levou máis de 100.000 euros sen prestar o servizo para o que fora contratada”. Todo iso, remarcou, “co beneplácito do señor Abel Caballero”.

Na súa resposta, a titular de Xustiza non se referiu a ese caso concreto, pero asegurou que no Executivo de Pedro Sánchez teñen as súas “liñas vermellas”. “Non concedemos indultos en casos de corrupción nin en casos de violencia machista”, dixo, para logo engadir que tampouco outorgan a medida de graza en casos de tráfico de drogas no Campo de Gibaltar. “Outros Gobernos isto non o tiveron tan claro”, sinalou.

“Con respecto ao Concello de Vigo, tómolle a palabra, porque sería difícil de entender que unha persoa que aduce ser alto militante do PSOE durante 25 anos e da UGT, fora un criterio válido para aceptar os indultos”, replicou Santamaría, quen engadiu: “Gustaríanos que aclarasen antes quen lle ordenou ‘enchufar’ á cuñada da presidenta, porque nos leva a preguntarnos se non estarán vostedes comprando co seu silencio ese indulto”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...