InicioPolíticaAbel Caballero sinala que os investimentos para a zona portuaria veñen do...

Abel Caballero sinala que os investimentos para a zona portuaria veñen do Goberno central e da UE, non da Xunta

O alcalde vigués fai estas declaracións logo de que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, puxese en valor este mércores a cooperación interinstitucional para transformar a fronte portuaria de Vigo.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, puxo en valor este mércores a cooperación interinstitucional para transformar a fronte portuaria de Vigo, coa ‘humanización’ dos viarios que conectan a zona céntrica nas inmediacións de Areal coa parroquia de Bouzas, grazas a un convenio entre o goberno galego e a Autoridade Portuaria olívica.

A actuación en toda esa fronte marítima, que leva a cabo en varias fases, supón un investimento global de máis de 5 millóns de euros, que ascenden a uns 14 millóns engádense outras actuacións do Porto no ámbito da interacción a cidade.

Alfonso Rueda visitou este mércores as obras xa finalizadas dun primeiro tramo desta actuación, entre a zona da lonxa e a rotonda da Praza Industrias Conserveiras, onde o Porto investiu uns 2 millóns de euros para acondicionar beirarrúas, construír un carril bici, novas zonas verdes, bancos, iluminación, etc.

Así mesmo, presidiu a firma do convenio entre o presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para a execución das melloras restantes, das que faltan aínda dúas fases: o tramo de senda peonil e ciclista fronte á lonxa e a Praza do Berbés (cun investimento de 1,5 millóns e 9 meses de execución), e o tramo que discorre pola zona dos estaleiros en Beiramar ata Bouzas (cun investimento de 3,6 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses).

O presidente da Xunta subliñou que esta actuación pon de manifesto que pode compatibilizarse a importante actividade económica da terminal viguesa co uso e goce de espazos por parte da cidadanía, e destacou que a mellora da fachada portuaria permitirá que a conexión entre Areal e Bouzas sexa “transitable” tanto a pé como en bicicleta, e de forma “segura”.

Rueda sinalou que estas obras se unen ao “esforzo que está a facer a Xunta de Galicia en Vigo”, con actuacións como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a estación de buses, as futuras vivendas públicas de Navia, o novo albergue, ou a nova Cidade da Xustiza. “Son moitos exemplos do feito e do que queremos seguir facendo. A man tendida que dicía hai unha semana, segue aí para facer cousas (…), con todas as administracións, espero que sexa recollida e que entendamos que na confrontación non chegamos a ningunha parte”, apostilou.

“PORTO FLEXIBLE”

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña, proclamou o desexo deste organismo de que o Porto deixe de ser “un muro” e sexa un “porto flexible”, que poida ser gozado polos cidadáns. Por iso, agradeceu a “sensibilidade” da Xunta por considerar “necesario utilizar os fondos europeos para este gran proxecto”.

Segundo celebrou, “nuns meses” a cidade de Vigo “poderá ver como desde Areal a Bouzas poderemos ir de forma segura, buscando sempre o equilibrio coa actividade portuaria”. “Hoxe cambiamos os valos de 2 metros e pico por varandas para que a xente poida pasear tranquilamente”, engadiu.

CRÍTICAS DO ALCALDE

Mentres, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou a visita de Rueda e a firma deste convenio para volver insistir, nunha rolda de prensa, que o diñeiro que destina a Xunta a esa actuación procede “do goberno de España e da UE”, e que “non pon nin un céntimo” de fondos propios.

Respecto diso, o rexedor lamentou que “terían que convidar ao delegado do Goberno” ao acto deste mércores, xa que as obras son financiadas con cargo a axudas europeas “que o goberno de España dálle á Xunta”.

Do mesmo xeito, volveu a repetir que o Concello de Vigo recibiu xa 13,3 millóns de euros de fondos europeos a través do Goberno central, e solicitou outros 18 millóns máis para diferentes actuacións. Por contra, denunciou, a Xunta “enviou cero euros ao principal concello de Galicia”, dos fondos europeos recibidos da administración central.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...