InicioCulturaVigo homenaxea 15 mulleres activistas dos dereitos humanos cunha exposición

Vigo homenaxea 15 mulleres activistas dos dereitos humanos cunha exposición

A mostra, inaugurada pola Coordinadora Galega de Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento, está situada no Mercado do Calvario ata o próximo 22 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Coordinadora Galega de Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD) inaugurou este xoves en Vigo a exposición ‘De oficio, defensoras: fotografías e voces de activistas arredor do mundo’, que nace como unha homenaxe a mulleres que lideran a defensa dos dereitos humanos.

A mostra, situada no Mercado do Calvario ata o próximo 22 de xuño, consta de catro cubos nos que se homenaxea 15 mulleres activistas defensoras dos dereitos humanos e que colaboran coas ONGD galegas en países como Mozambique, Guatemala, Salvador, Colombia, Sahara Occidental, Honduras, Chad ou Palestina.

Financiada con cargo ao convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Coordinadora Galega, a exposición forma parte dos actos de conmemoración do seu 30 aniversario. Neste sentido, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou na inauguración e felicitou á ONGD polo seu traballo desenvolvido ao longo destes 30 anos.

Fernández-Tapias destacou que o obxectivo do Goberno autonómico co apoio deste tipo de iniciativas é fomentar a conciencia e a sensibilidade cidadá co fin de promover valores de responsabilidade e solidariedade.

Pola súa banda, a portavoz da Coordinadora, Laura Casal, subliñou que as mulleres que agora se homenaxean “poñen en risco a súa integridade para defender o territorio e a vida”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...