InicioVigo e contornaVigoDetido un mozo que conducía unha moto sen carné tras caer ao...

Detido un mozo que conducía unha moto sen carné tras caer ao chan en Vigo

Durante a fuga saltou un semáforo en vermello e circulou por varias rúas en sentido contrario.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo detivo a un mozo, A.O.L.P. de Venezuela e 22 anos de idade, que conducía unha motocicleta sen ningún tipo de licenza ou permiso tras circular en sentido contrario por varias rúas da cidade e caer ao chan.

Tal como informaron os axentes, foi unha patrulla que se atopaba realizando labores de vixilancia no ámbito da seguridade viaria o pasado luns ás 23,00 horas quen observou unha motocicleta que accedía á rúa Colombia dirección Pizarro en dirección Praza de España.

Os actuantes visualizaron que o condutor, ao decatarse da presenza policial, realizou un cambio de sentido cara á rotonda de Isabel a Católica. A partir de aí, comezou a realizar diversos cambios de sentido e acelerou de forma brusca, polo que os axentes activaron os dispositivos luminosos e acústicos e iniciaron a súa persecución.

Durante a mesma, o home saltou un semáforo en vermello e circulou por varias rúas en sentido contrario, ata que realizou un xiro que lle fixo caer ao chan, momento no que foi interceptado, comezando a mostrar unha resistencia activa. Tras iso, foi detido pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria, pescudando que carecía de calquera tipo de permiso de conducir.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...