InicioSucesosCondenan a 40 anos de cárcere ao veciño de Soutomaior que asasinou...

Condenan a 40 anos de cárcere ao veciño de Soutomaior que asasinou á súa irmá e á súa sobriña

En concreto, o tribunal condena ao home a 21 anos de prisión polo asasinato da súa irmá, así como a outros 18 anos de cárcere por matar á súa sobriña, mentres que lle establece uns anos e dous meses de prisión por tenencia ilegal de arma de fogo.

PUBLICADO O

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 40 anos de cárcere ao veciño da localidade pontevedresa de Soutomaior que asasinou a tiros á súa irmá, de 62 anos, e á súa sobriña, de 26 anos, en agosto de 2020.

Desta maneira, a Audiencia, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, considérao culpable de dous delitos de asasinato e un delito de tenencia ilegal de arma de fogo, despois de que matase os seus familiares cando elas se trasladaron ao seu domicilio para pedirlle que lles devolvese unha escaleira que lle prestaron.

En concreto, o tribunal condena ao home a 21 anos de prisión polo asasinato da súa irmá, así como a outros 18 anos de cárcere por matar á súa sobriña, mentres que lle establece uns anos e dous meses de prisión por tenencia ilegal de arma de fogo. Ademais, impúxoselle o pago dunha indemnización que supera os 257.000 euros a tres familiares das vítimas.

Na sentenza, o maxistrado presidente indica que o agora condenado, tras coller unha pistola, dirixiuse cara ás vítimas, quen colleran a escaleira e estaban na parte sen cubrir da vivenda. Alí disparoulles coa intención de acabar coas súas vidas “de forma sorpresiva para elas e a curta distancia, evitando así calquera posibilidade de defenderse”.

O Xurado, que baseou o seu veredicto tanto nos informes forenses como no informe técnico policial e de inspección ocular, considerouno culpable de dous delitos de asasinato, coa concorrencia, en ambos, da circunstancia de aleivosía e, ademais, no da súa irmá, o agravante de parentesco.

A Audiencia explica que no xuízo non se cuestionou que o acusado disparase, “senón se esa conduta levouna a cabo dunha forma alevosa ou como solución ante unha situación de medo que lle xerou a necesidade de defenderse”.

Neste sentido, o Xurado considerou por unanimidade a existencia de aleivosía “polo sorpresivo do emprego dunha pistola”, pois ninguén sabía que a tiña, e “polo seu emprego a unha distancia tan curta, que viña asegurar o seu propósito, a máis diso que o emprego de tal arma viña situar ás súas vítimas nunha situación de indefensión”.

En definitiva, o Tribunal do Xurado vén fundamentar a concorrencia da circunstancia da aleivosía non só na extremada potencialidade do instrumento utilizado, que eliminaría a eficacia de calquera defensa, senón no factor sorpresa, sendo irremediable o resultado, estando privadas as vítimas de calquera posibilidade de escapar ao mesmo“, subliña a Audiencia na sentenza, contra a cal cabe presentar recurso ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

FEITOS

Os feitos polos que foi xulgado o veciño de Soutomaior remóntanse ao 21 de agosto de 2020 cando, á primeira hora da tarde, as vítimas acudiron á infravivenda na que vivía o acusado para reclamarlle unha escaleira.

Alí, o home colleu unha pistola automática de calibre 9 mm, para a que non tiña licenza, e disparou practicamente a pelacorpo á súa irmá e á súa sobriña, sen que tivesen posibilidade de defensa, segundo recollía o escrito do Ministerio Fiscal, que pedía para el ata 44 anos de cárcere. Finalmente foi condenado a 40 anos de prisión.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...