InicioPolíticaVanesa Fernández substituirá a Chus Garrote como portavoz municipal do PSOE en...

Vanesa Fernández substituirá a Chus Garrote como portavoz municipal do PSOE en Ponteareas

PUBLICADO O

A concelleira socialista e secretaria de Organización do PSOE de Ponteareas, Vanesa Fernández, substituirá a Chus Garrote como portavoz do grupo municipal nos plenos, segundo informaron fontes da agrupación local.

As mesmas fontes detallaron que Chus Garrote seguirá exercendo como edila e como tenente de Alcaldesa en Ponteareas, onde os socialistas gobernan en coalición co BNG. Segundo o secretario xeral do PSOE ponteareán, Delfín Domínguez, este cambio pretende “reforzar a ligazón” entre a nova executiva local e o grupo municipal, composto por tres concelleiros.

“Vanesa Fernández é a secretaria de Organización da Executiva Municipal de Ponteareas e ocupa unha secretaría na Executiva Provincial do PSOE de Pontevedra. O lóxico e natural é que desempeñe as funcións de portavoz ante o pleno municipal e o goberno do que formamos parte”, sinalou Delfín Domínguez.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...