InicioPolíticaUnha árbore centenaria da Alameda de Vigo aínda conserva as luces do...

Unha árbore centenaria da Alameda de Vigo aínda conserva as luces do último Nadal

O BNG critica que non se retirou aínda a iluminación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo criticou que non se retirou aínda a iluminación de Nadal dunha árbore situada na Alameda da cidade, tras varios meses desde o fin das festas.

O concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, pediu ao Concello que retire “dunha vez” os adornos colgados na centenaria araucaria da alameda e preguntou ao alcalde, Abel Caballero, se é necesario acudir ao Seprona para facer cumprir a normativa ambiental.

“É unha situación delirante que non se pode deber a unha neglixencia na xestión. Non hai un goberno tan incompetente que explique que a día 30 de maio continúen colgadas da araucaria as luces do Nadal anterior”, lamentou Igrexas.

“Ten que existir algún motivo oculto para cebarse contra un exemplar singular e catalogado nuns xardíns que están declarados como Ben de Interese Cultural e, por tanto, gozan de protección integral”, lamentou.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...