InicioSociedadeO goberno de Vigo 'tomba' a moción que pedía anular a prórroga...

O goberno de Vigo ‘tomba’ a moción que pedía anular a prórroga a Vitrasa

A oposición expón rescatar a concesión, pero o PSOE di que o Concello non ten capacidade para asumir o servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo rexeitou este mércores unha moción do grupo Marea na que instaba a anular a prórroga da concesión de bus urbano a Vitrasa e pedía abrir un expediente á empresa, xa que os edís do PSOE, 20 dos 27 que conforman a Corporación, votaron en contra.

A proposta de Marea de Vigo, defendida polo seu portavoz, Rubén Pérez Correa, expuña que o goberno local abra un expediente informativo a Vitrasa se se executa a inaplicación do convenio colectivo e os recortes salariais que anunciou; e que denuncie ante Inspección de Traballo os “graves incumprimentos” en materia laboral por parte da empresa concesionaria.

Este grupo tamén pedía que se anule a prórroga da concesión e se convoque un novo concurso (tal e como anunciara o propio alcalde antes da pandemia de Covid); que se faga unha auditoría externa do servizo; que se inicien os trámites para municipalizar a súa prestación; e que se convoque o Consello Municipal de Transportes.

Pérez Correa tachou de “profundo erro” a prórroga da concesión sen unha cláusula que determine a fórmula de compensación á empresa en caso de perdas, e criticou que Vitrasa utilice o seu persoal nunha “chantaxe” para lograr máis axudas públicas.

“NIN UN SÓ EURO DE DIÑEIRO PÚBLICO”

Pola súa banda, o concelleiro de Fomento, Francisco Javier Pardo, rexeitou que se rescate a concesión para converter en público o servizo de bus urbano, xa que o Concello non ten “capacidade” para asumilo e unha rescisión do contrato debe estar “xustificada”, e debe demostrarse que a administración pode prestar o servizo “a un menor custo”. “Non se pode largar sen dar alternativas”, advertiu.

Ademais, engadiu que o Concello de Vigo non dá “nin un só euro de diñeiro público” a Vitrasa, e que os 12 millóns anuais que achega son para sufragar as rebaixas de tarifas aos usuarios do cartón PassVigo. Por tanto, defendeu, ese diñeiro é “para os viaxeiros, non para a empresa”.

Finalmente, reiterou que o goberno local tomará medidas se Vitrasa aplica o descolgue salarial anunciado e rebaixa os soldos dos seus empregados, unha medida que sería “un abuso” pero que, “de momento non se deu”. A moción de Marea de Vigo tivo o respaldo deste grupo, do PP e do BNG, pero foi rexeitada polo voto contrario do grupo socialista.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...