Pymar: “Barreras vai seguir construíndo, é un momento doce para o naval galego”

A asociación elude apuntar á perda de emprego denunciada polos sindicatos.

Entrada do estaleiro Hijos de J. Barreras en Vigo / Europa Press.

A asociación Pymar, que engloba a estaleiros privados e públicos e administracións, asegurou que o sector naval “vive un momento doce” en Galicia e puxo o foco na “oportunidade” que suporán o PERTE aprobado polo Goberno central e a Estratexia de Recuperación e Transformación recentemente aprobada pola Xunta.

Así o trasladou a conselleira delegada de Pymar, Almudena López do Pozo, que celebrou que, a pesar dos momentos de incerteza atravesados polo principal estaleiro privado de España, Hijos de J. Barreras, tras a súa adquisición por parte de Armón manterá a súa actividade. “É un estaleiro emblemático que pasou por dificultades, pero outro estaleiro (Armón) decidiuse a dar un paso adiante, e en Barreras vanse a seguir construíndo buques”, apuntou.

Non fixo referencia ás reiteradas denuncias dos sindicatos sobre o drástico recorte de emprego que implicará o plan de Armón. López do Pozo subliñou só que o PERTE pode ser unha ferramenta na transformación desta industria para ser “un sector de futuro”, e lembrou que “está pensado para que os estaleiros e toda a cadea de valor se poidan beneficiar”.

Nese sentido, pediu ter un “enfoque ambicioso”, traballar “de modo colaborativo, integrativo” e, aínda que sinalou que o naval é un sector no que “sempre hai problemas” polo seu alto nivel de competencia a escala global, insistiu en que “o modo xeral é bo, de optimismo”.