InicioVigo e contornaVigoOs familiares do Pitanxo reclaman baixar ao pecio: "queremos saber a verdade"

Os familiares do Pitanxo reclaman baixar ao pecio: “queremos saber a verdade”

O Goberno xa se negou en reiteradas ocasións a custear a operación.

PUBLICADO O

Familiares dos 21 falecidos no naufraxio do pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’, que naufragou o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terranova, aseguraron este luns que os prexudicados polo afundimento do barco son eles e non a empresa armadora. Así o sinalaron tras reunirse esta mañá co alcalde de Vigo, Abel Caballero, despois de coñecerse que a compañía Nores pediu ao xuíz personarse na causa como prexudicada polo naufraxio.

“Non o entendo”, lamentou a portavoz das familias e filla dun dos mariñeiros falecidos, María José de Pazos, quen indicou que os prexudicados son os familiares das vítimas, que están “rotos” e que son os que realmente queren saber “a verdade”.

Por iso, subliñou a necesidade de que se baixe ao pecio para obter datos do que puido ocorrer na madrugada do 15 de febreiro e reivindicou que as familias e o terceiro sobrevivente, Samuel Kwesi Koufie, sempre insistiron na necesidade de buscar o barco afundido, mentres que os outros dous sobreviventes (o patrón, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial) non o solicitaron, así como tampouco o fixo a empresa armadora. “Coas palabras cada un retráctase”, sentenciou.

MOCIÓN EN VIGO

Por outra banda, de Pazos agradeceu a Caballero a reunión e adiantou que o pleno do Concello de Vigo aprobará previsiblemente este mércores unha moción en apoio ás familias dos 21 mariñeiros falecidos, como xa fixeron hai un mes outros municipios galegos. Nesta moción, que as familias propuxeron en abril e que non foi tramitada polo Concello olívico, ínstase o Goberno a que se baixe ao barco para buscar probas, sáibase a verdade e fágase xustiza.

De Pazos puxo o foco nos indicios que apuntan cara ao capitán do barco, que podería cometer 21 delitos de homicidio por imprudencia, tal como recolle a Audiencia Nacional no seu auto.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...