Vigo mantén tres persoas en UCI en 1.800 contaxios

Galicia rexistra un descenso nos casos activos.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Sergas.

Galicia detectou esta fin de semana 1.190 contaxios de covid-19 e rexistra 641 pacientes ingresados –31 máis que o venres–, dos que 20 están en coidados intensivos –dous menos–, mentres que os casos activos descenden ata os 10.066. Así figura na actualización da situación sanitaria asociada á pandemia que a Consellería de Sanidade fixo pública este luns, con datos recollidos ata as 18,00 horas do domingo. No parte inclúese, ademais, a morte de tres persoas con covid-19.

Con iso, os datos a última hora do domingo indican un importante descenso dos casos activos, ata os 10.066, o que supón 1.540 casos menos que os rexistrados ás 18,00 horas do pasado venres. Pola contra, volve repuntar a presión hospitalaria, con 31 pacientes máis, ata os 641, e baixa a UCI, con dous pacientes menos, ata os 20.

A área que rexistra máis ingresados é a da Coruña-Cee, con 161 hospitalizados –16 máis que o venres– e nove na UCI –uno máis–; seguida da de Santiago-Barbanza, con 107 hospitalizados –catro máis– e catro na UCI. Pola súa banda, o incremento de hospitalizados máis importante é a da área de Ourense, onde aumentan en 17 os ingresados, ata 95, e hai unha persoa na UCI. A área de Ferrol, con 47 hospitalizados e un paciente en coidados intensivos rexistra as mesmas cifras que o venres.

O resto de áreas sanitarias, pola súa banda, detecta un descenso na cifra de pacientes ingresados: En Vigo hai 96 hospitalizados –dous menos– e 3 en UCI –un menos–; en Pontevedra 67 en centros hospitalarios –un menos– e un en UCI –uno menos– e en Lugo 48 en hospital –un menos– e un en coidados intensivos.

DESCENSO DE CASOS ACTIVOS

Por outra banda, Galicia rexistra 1.540 casos activos de covid-19 menos que o venres, ata os 10.066, co que Galicia acumula xa tres partes da consellería cunha diminución neste índice. O descenso é xeneralizado en todas as áreas sanitarias. O máis importante é o da Coruña, que rexistra 869 casos activos menos, seguida de Vigo –314 menos--, Santiago –245 menos–, Lugo –237 menos–, Ourense –235 menos–, Pontevedra –134 menos– e Ferrol, onde descenden en 128.

Con iso, a área con máis infeccións é A Coruña, con 2.197; seguida de Vigo, con 1.844; Santiago, con 1.665; Ourense, con 1.328; Lugo, con 1.151, e Pontevedra, con 1.138. A área de Ferrol é a única con menos de 1.000 casos activos, un total de 731.

Desde o venres, Galicia rexistrou 1.190 contaxios de covid-19, dos que 495 foron positivos por PCR nas últimas 24 horas. Cabe destacar que, co novo protocolo, xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico á poboación xeral, só á vulnerable. O luns pasado detectáronse 1.243 positivos, co que a tendencia é descendente.

Durante a fin de semana fixéronse en Galicia 2.975 probas PCR, co que o total desde o inicio da pandemia sitúase en 3.892.473. Pola súa banda, realizáronse 2.463 test de antígenos, elevando o total a 1.749.884. En canto á taxa de positividade –número de PCR positivas por cada 100 realizadas–, situouse o domingo no 29,84%, fronte ao 39,8% do sábado, o 38,7% do venres e o 28,24% do xoves.

FALECIDOS E CURADOS

As vítimas da pandemia da covid-19 en Galicia sitúanse nos 3.477, tras notificar a Consellería de Sanidade tres novos falecementos desde o venres. En concreto, informouse do falecemento dun home de 86 anos na área sanitaria da Coruña, ocorrido o pasado venres; así como a morte de dúas persoas o sábado, un home de 94 anos da área de Pontevedra e outro de 77 da área de Ourense. Pola súa banda, 597.539 persoas curáronse desta doenza desde o inicio da crise sanitaria, tras recibir o alta desde o venres 2.727 persoas máis.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here