A Policía Local captura tres serpes en Vigo en poucos días

Todos os exemplares son da mesma especie.

A Policía Local de Vigo actuou en tres sucesos relacionados con achados de serpes na cidade en menos dunha semana, devolvendo ao seu hábitat natural aos exemplares. O primeiro deles ocorreu o pasado domingo 8 de maio sobre as 14,40 horas, cando un veciño alertou de que se atopou unha serpe duns dous metros de lonxitude na entrada da súa vivenda, situada no Camiño da Estea, en Saians.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que se trataba dunha serpe escaleira, procedendo á súa captura e sendo devolta ao seu hábitat. Hora e media despois, pasadas as 16,00 horas, os funcionarios recibiron outra chamada, esta vez dende a Zona Franca de Balaídos, onde se visualizou outro réptil. Neste caso tamén se trataba dunha serpe escaleira duns 90 centímetros, que foi devolta ao seu hábitat.

Tras o paso de cinco días, o venres 13 a Policía Local recibiu a alerta de que se observou unha culebra duns 30 centímetros nunha beirarrúa da rúa San Gregorio de Vigo, sendo tamén capturada.