InicioVigo e contornaVigoCaballero propón darlle o nome de Domingo Villar á nova Biblioteca do...

Caballero propón darlle o nome de Domingo Villar á nova Biblioteca do Estado

Anuncia a instalación dunha escultura e un acto público de homenaxe.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que proporá ao Ministerio de Cultura o nome do escritor Domingo Villar para designar á futura Biblioteca do Estado na cidade olívica. Nunha rolda de prensa, o rexedor avanzou que fará esta proposta para render homenaxe ao autor vigués, falecido nas últimas horas de forma prematura e tras sufrir unha hemorraxia cerebral.

Caballero tamén avanzou que o Concello organizará un “acto cidadán” en memoria do escritor, con música e literatura; e que encargará unha escultura para que o recordo de Domingo Villar “permaneza para sempre” na cidade. Sobre a localización, o alcalde propuxo a alameda da Praza de Compostela, aínda que non é unha idea definitiva.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...