Investigan a emisión pirata de partidos de fútbol en Vigo

Empregaban decodificadores para acceder á sinal de forma ilegal.

Imaxe de recurso dun coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

Un total de 166 persoas foron imputadas como presuntos responsables dun delito contra a propiedade intelectual por distribución ilícita da sinal de televisión de partidos de fútbol en bares de localidades de todo o Estado, entre elas Vigo. Estímase que o prexuízo económico ocasionado aos titulares do contido multimedia distribuído ilegalmente ascende a máis de 1 millón de euros.

Tras varias pescudas confirmouse que 166 establecementos de distintas cidades españolas -Sevilla, Málaga, Córdoba, Zaragoza, Valladolid, Murcia, Palma de Mallorca, Xixón, Madrid, Vigo, As Palmas, Bilbao e Barcelona- estaban implicados na emisión fraudulenta dos partidos de fútbol.

O operativo policial iniciouse en xaneiro de 2022 por mor da denuncia interposta pola liga contra establecementos de diferentes provincias que estarían a distribuír ilicitamente o sinal de partidos de fútbol de equipos españois, sen a autorización dos propietarios do devandito contido

No transcurso da investigación os axentes levaron a cabo as comprobacións oportunas dos establecementos comerciais que emitían partidos de fútbol das competicións La Liga Santander e UEFA Champions League.

Con esta información púxose en marcha unha macro operativo para realizar de maneira coordinada a inspección de todos os establecementos comerciais investigados durante o transcurso dunha das xornadas da competición de fútbol de LaLiga Santander. Como resultado do mesmo desarticulouse toda a infraestrutura que permitía a visualización ilegal do contido multimedia de pago, coa identificación dos responsables e o cesamento do servizo ilegal que prestaban.

PREXUÍZO ECONÓMICO

Aos titulares dos establecementos comerciais investigados impútaselles un delito contra a propiedade intelectual como presuntos responsables de distribuír o contido audiovisual de maneira fraudulenta, xa que a través de decodificadores ou micro controladores accedían de maneira ilícita a contido protexido emitido por canles codificadas.

Con isto obtiñan un beneficio económico fraudulento xa que ofrecían a posibilidade de ver eventos deportivos, unicamente emitidos a través de canles codificadas que lles facía posuidores dun servizo extra que outros establecementos non ofrecían. Estímase que o prexuízo económico ocasionado aos titulares do contido audiovisual distribuído ilegalmente ascende a 1.066.386 euros.