InicioSucesosExcarcerado un octoxenario en Vigo tras envorcar o seu coche na VG-20

Excarcerado un octoxenario en Vigo tras envorcar o seu coche na VG-20

O conductor tiña 83 anos.

PUBLICADO O

Os Bombeiros de Vigo tiveron que excarcerar na mañá deste luns a un octoxenario na cidade olívica despois de producirse un accidente no barrio de Bouzas, que acabou cun coche envorcado. Tal como aseguraron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos ocorreron ao redor das 10,00 horas desta mañá, e os servizos de emerxencia tiveron constancia dos mesmos a través da chamada dun particular.

Este veciño informaba de que se produciu un accidente na VG-20 de Vigo, á altura da rotonda previa á ponte de Bouzas, nas inmediacións de Zona Franca. O alertante avisaba de que unha persoa estaba atrapada no coche, que estaba envorcado.

Por iso, púxose o suceso en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Vigo. Estes últimos indicaron a Europa Press que tiveron que acudir ao lugar para excarcerar ao condutor do automóbil, que estaba atrapado, pero con vida, dentro do mesmo.

Segundo fontes do 061, o ferido tratábase dun home de 83 anos de idade, T.G.R., que foi trasladado ao hospital Povisa de Vigo nunha ambulancia medicalizada.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...