InicioCulturaDani Martín actuará no auditorio de Castrelos o 17 de agosto

Dani Martín actuará no auditorio de Castrelos o 17 de agosto

Súmase así a outros nomes como Joan Manuel Serrat, Sebastián Yatra, Love of Lesbian, Tanxugueiras, Lola Índigo, Hombres G ou Raphael, que pasarán pola cidade olívica no marco das súas festas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante español Dani Martín actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o 17 de agosto dentro da súa xira ‘Qué caro es el tiempo’, segundo anunciou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero. Desta maneira, Dani Martín únese ás actuacións deste verán en Vigo, enmarcadas dentro das festas da cidade.

“A verdade é que non é necesario dicir quen é Dani Martín. É un dos artistas máis importantes dos últimos 15 anos no espazo musical de España“, reivindicou Caballero, que lembrou o seu paso á fronte do Canto del Loco e a súa carreira en solitario a partir do 2010.

Este concerto súmase aos xa anunciados como Joan Manuel Serrat (10 de xullo), Sebastián Yatra (13 de xullo), Love of Lesbian (29 de xullo), Tanxugueiras (30 de xullo), Leiva (4 de agosto), Sting (6 de agosto), Lola Índigo (8 de agosto), Hombres G (14 de agosto) ou Raphael (16 de agosto), ademais de catro espectáculos infantís.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...