InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero acusa á Xunta de facer "competencia desleal" a Peinador e...

Abel Caballero acusa á Xunta de facer “competencia desleal” a Peinador e ir “contra os intereses de Vigo”

Con todo, fontes do Goberno galego aseguraron de novo que o Executivo autonómico deixou de pagar rutas ás aerolíneas cando caducaron as que estaban vixentes da época do bipartito. "A Xunta actual deixou de financiar compañías aéreas", sentenciaron.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a acusar á Xunta de “ir en contra dos intereses” da cidade e de facer “competencia desleal” a Peinador ao financiar, segundo el, rutas a Santiago e non ao aeroporto vigués.

Preguntado en rolda de prensa sobre como avanza o concurso para que Peinador teña novas rutas internacionais, entre as que se inclúen Londres ou París, Caballero culpou á Xunta do atraso deste anuncio xa que, segundo o rexedor, pagou a Ryanair para que fixese esas mesmas rutas en Santiago.

No entanto, Caballero non descarta que Ryanair tamén faga estas rutas desde a cidade olívica, xa que é unha das compañías interesadas e reivindicou que sexa quen sexa quen realice os voos, algunha aerolínea faraos.

Con todo, fontes do Goberno galego aseguraron de novo que o Executivo autonómico deixou de pagar rutas ás aerolíneas cando caducaron as que estaban vixentes da época do bipartito. “A Xunta actual deixou de financiar compañías aéreas”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...