InicioSociedadeA UVigo chama a mocidade a impulsar un "rexurdimento" do galego

A UVigo chama a mocidade a impulsar un “rexurdimento” do galego

A universidade vén de celebrar o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo celebrou este martes na sede da Vicerrectoría do campus de Pontevedra o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas nun evento no que a institución académica fixo entrega dos premios de poesía, relato curto e tradución “A lingua galega en 2050”.

O acto incluíu unha conferencia do profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución, Anxo Angueira, dedicada a Florencio Delegado Gurriarán, o poeta homenaxeado neste 2022 no Día das Letras Galegas.

Ao fío da tese defendida durante a conferencia, tanto o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, como o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, destacaron o papel fundamental que as novas xeracións deben xogar no “rexurdimento” do idioma galego. “Sodes o futuro da lingua e entre todos temos que conseguir, senón un rexurdimento, polo menos unha regaleguización”, dixo Reigosa ás persoas premiadas.

A Universidade de Vigo destaca que conta con tres titulacións que se imparten nun 80% en galego, así como cun “plan para favorecer que nas aulas se utilice moito máis” este idioma. Nesa mesma liña, Valentín García destacou que aínda que Galicia conta coa “mellor xeración da historia” no referido ás súas competencias para escribir ou ler en galego, a “materia pendente é que a mocidade galega use a lingua dunha forma plena e consciente”.

Xunto á entrega destes galardóns e a conferencia de Angueira, esta conmemoración adiantada das Letras Galegas completouse coa actuación na que Tino Baz puxo música a varios poemas de Delgado Gurriarán á vez que o artista Marcos Escudeiro creaba ilustracións con area inspiradas neses mesmos versos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...