InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero, "moi esperanzado" sobre a sede do IEO logo de reunirse...

Abel Caballero, “moi esperanzado” sobre a sede do IEO logo de reunirse coa ministra Morant

O rexedor olívico emprazou a "esperar acontecementos", pero destacou que ten "esperanza" despois de reunirse con Morant en Madrid este luns.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse “moi esperanzado” este martes en relación coa sede do Instituto Español de Oceanografía (IEO) da cidade tras reunirse coa ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor olívico emprazou a “esperar acontecementos”, pero destacou que ten “esperanza” despois de reunirse con Morant en Madrid este luns.

Todo iso en relación á decisión do Goberno de trasladar as sedes do IEO a Cantabria e a Murcia, deixando fóra a Galicia desta descentralización do devandito Instituto e quedándose Vigo sen unha desas dúas sedes, como defende o alcalde e a Xunta.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...