InicioSociedadeDetido en Vigo un home tras agredir a súa parella en plena...

Detido en Vigo un home tras agredir a súa parella en plena rúa

Foi un viandante quen chamou á Policía cando viu que o home lle daba puñadas na cabeza e no rostro á muller.

PUBLICADO O

Un home, C.C.G. de Vigo e 32 anos de idade, foi detido na noite do pasado martes na cidade olívica despois de agredir a súa parella en plena rúa, segundo informou a Policía Local nun comunicado.

Os feitos ocorreron sobre as 22,50 horas, cando un veciño da rúa O Grove viu mentres paseaba á súa mascota a unha muller gritando mentres un home lle daba puñadas na cabeza e no rostro. Por iso, chamou á Policía.

Unha vez no lugar, os axentes falaron coa parella e identificaron o home, que aínda que recoñeceu ter unha discusión “acalorada” coa muller, negou tela agredido.

Pola súa banda, a muller, de 28 anos de idade, atopábase chorando e “moi nerviosa”, pero referendou as palabras da súa parella. A pesar diso, tras a manifestación da testemuña que alertou e ao ver que a moza tiña unha lesión no interior do beizo superior, os actuantes procederon á detención do home pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...