InicioPolíticaEn Marea pide a Portos do Estado que aclare as responsabilidades no...

En Marea pide a Portos do Estado que aclare as responsabilidades no afundimento do Marisquiño

PUBLICADO O

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, vén de presentar na mañán deste martes unha solicitude de comparecencia no Congreso do Deputados para que a presidenta de Portos do Estado, María Ornella, aclare a responsabilidade da institución que dirixe no afundimento do peirao ocorrido o pasado domingo durante o concerto de peche do festival O Marisquiño.

“Denunciamos a lamentable imaxe que deron ao longo do día de onte o PP e o PSOE, utilizando as institucións como feudos partidarios”, asegura a deputada viguesa. Ante o cambio de versión da Autoridade portuaria, Fernández denuncia que isto “non poden ser nin pactos que oculten as responsabilidades nin guerras partidarias, porque ninguna das dúas permitiría esclarecer o sucedido”.

“Pola contra, desde En Marea queremos apostar por esclarecer os feitos, por políticas de colaboración entre as institucións que axuden a esclarecer o sucedido. Por eso presentamos esta solicitude de comparecencia no Congreso”, anunciou a deputada de En Marea nunha intervención ante os medios no lugar dos feitos.

Accidente Marisquiño /Miguel Nuñez

Esta iniciativa, levada a cabo polo grupo parlamentario de En Marea no Congreso dos Deputados, compleméntase cunha petición para que se investiguen os feitos a nivel municipal, presentada polos compañeiros da Marea de Vigo. “Nós cremos que todas as institucións se poñan a traballar para esclarecer os feitos, sexan de quen sexan as responsabilidades”, afirma Fernández.

A deputada lembrouse tamén dos feridos que todavía permanecen ingresados. “Desexamos que se recuperen pronto das súas lesións”. “Todo Vigo tivo o corazón nun puño durante a noite do domingo”, recordou Fernández.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...