InicioSucesosTrasladan unha persoa en Vigo logo dun incendio nunha cociña

Trasladan unha persoa en Vigo logo dun incendio nunha cociña

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a persoa afectada tivo que ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, despois de tentar apagar o lume cun extintor.

PUBLICADO O

Unha persoa necesitou asistencia tras declararse un incendio na cociña dun piso na rúa Sanjurjo Badía, no municipio Vigo.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a persoa afectada tivo que ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, despois de tentar apagar o lume cun extintor. Por outra banda, as chamas calcinaron a estancia da vivenda por completo.

O incendio tivo lugar sobre as 16,30 horas deste martes. Nese momento, o 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa particular na que daba conta do lume. Foron avisados, entre outros, Bombeiros de Vigo, Policía Local, 061 e Protección Civil.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...