InicioSociedadeO Marisquiño 2022 celebrará a proba de basket 3X3 na praza pública...

O Marisquiño 2022 celebrará a proba de basket 3X3 na praza pública do complexo Vialia

Así, a praza de Vialia acollerá unha proba FIBA que será clasificatoria para competir nun torneo Challenger 2022, haberá categorías masculina e feminina, e serán 24 os equipos que compitan.

PUBLICADO O

O festival O Marisquiño 2022 segue desvelando novidades e, tras confirmar a celebración das probas de ‘skate’ na praia de Samil, este martes avanzou que trasladará o basket 3X3 á gran praza pública situada sobre o complexo Vialia.

Segundo explicou o ideólogo e promotor do festival, Carlos ‘Pity’ Domínguez, O Marisquiño continúa a súa estratexia de expansión por diferentes espazos da cidade, para chegar ao maior número de persoas, e valorou a praza de Vialia como un lugar “atractivo” para celebrar probas do evento.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén subliñou que o complexo comercial e de transporte converteuse nun “centro de atracción” e constatou que O Marisquiño é “o certame máis importe de deporte urbano do verán en Europa” e o Concello traballa para que sexa “o máis importante do mundo”.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, eloxiou os cambios da edición de 2022 do festival e lembrou o “esforzo importantísimo” que fai o Concello para apoiar economicamente o evento, que conta tamén con axuda da Deputación desde hai 7 anos.

Así, a praza de Vialia acollerá unha proba FIBA que será clasificatoria para competir nun torneo Challenger 2022, haberá categorías masculina e feminina, e serán 24 os equipos que compitan.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...