InicioVigo e contornaVigoFalece Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica da UVigo

Falece Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica da UVigo

Incorporárase á institución olívica en 1991.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo trasladou este martes a súa “consternación e tristeza” polo falecemento repentino do vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos Cabrer, e o equipo de goberno da institución académica, “profundamente afectado” polo ocorrido, destacou del o seu “compromiso”, “profesionalidade” e “gran capacidade de traballo”.

Manuel Ramos Cabrer faleceu á primeira hora deste martes no seu domicilio familiar de Gondomar, na véspera das eleccións a reitor, nas que volvía concorrer na candidatura liderada polo actual reitor, Manuel Reigosa. O propio reitor, en nome de toda a comunidade universitaria, trasladou á familia de Ramos “a súa máis sentido pésame”.

Ramos Cabrer (Lugo, 1966) era enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid, e doutor en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo. En 1991 incorporouse á institución olívica, onde ocupaba praza de catedrático desde novembro de 2021.

Integrante do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información e do centro de investigación atlanTTic, foi autor de 54 artigos en revistas indexadas, 12 capítulos en libros e máis de 80 comunicacións en congresos de ámbito internacional. Ademais participou en 40 proxectos de investigación financiados en diversas convocatorias competitivas e en 49 contratos de transferencia e cursos con empresas.

No ámbito da xestión, foi adxunto ao vicerreitor de Investigación como director do Servizo de Telecomunicacións, director do departamento de Enxeñaría Telemática e coordinador do programa de doutoramento e do máster oficial deste departamento. Igualmente, foi membro do Claustro, da Mesa do Claustro, do Consello de Goberno e da Comisión de Organización Académica e Profesorado durante 16 anos, ademais de representante sindical.

No primeiro mandato do reitor Manuel Reigosa, entre 2018 e 2022, foi vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, e formaba parte da candidatura coa que Reigosa se presentou ás eleccións (que teñen lugar este mércores) para revalidar o seu cargo.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...