InicioVigo e contornaVigoCazan a un veciño do Porriño con máis de medio quilo de...

Cazan a un veciño do Porriño con máis de medio quilo de cocaína

Tamén lle foi intervido case un kg de haxix e billetes falsos de 20€.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil procedeu á detención dun veciño do Porriño e á investigación penal da súa parella, por un suposto delito de tráfico de drogas, e incautouse de medio quilo de cocaína, case un quilo de haxix en diversos formatos, sustancia de corte, diñeiro en efectivo e 42 billetes falsos de 20 euros.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación, bautizada como Operación Cela Sebe, iniciouse o pasado mes de febreiro, despois de que unha patrulla interceptou no centro urbano do Porriño a un veciño que levaba encima 30 gramos de cocaína e 400 euros en efectivo.

A Garda Civil despregou un operativo para investigar a esa persoa e púidose comprobar que a súa vivenda, no centro da localidade, era frecuentada por consumidores de sustancias estupefacientes. De feito, os axentes interceptaron a varios deses ‘clientes’ tras adquirir a droga.

Por iso, procederon á detención do sospeitoso e, con autorización do xulgado de instrución 2 do Porriño, levou a cabo un rexistro no seu domicilio, no que os axentes se incautaron de 304 gramos de cocaína en pedra, 278 gramos de cocaína en po, 670 gramos de haxix en landras, 189 gramos de pole de haxix, 250 gramos de sustancia de corte, 1.270 euros en efectivo e 42 billetes falsos de 20 euros.

Como consecuencia do rexistro, a Garda Civil determinou tamén a investigación penal da parella do sospeitoso, que convive con el no domicilio rexistrado. As sustancias e diñeiro intervido, xunto co detido, pasaron a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...