InicioSociedadeCatro estudantes de Vigo, 'mellores empresarios virtuais' de España

Catro estudantes de Vigo, ‘mellores empresarios virtuais’ de España

Iria Piñeiro, Ismael Martínez, Jorge Fernández e Sara Gómez, do IES A Guía de Vigo, conseguiron este título na final estatal da segunda edición de Business Talents.

PUBLICADO O

Iria Piñeiro, Ismael Martínez, Jorge Fernández e Sara Gómez, alumnado do IES A Guía de Vigo, conseguiron o título de ‘mellor empresario virtual de España’ tras enfrontarse a máis de 200 universitarios e estudantes de Grao Superior de distintas partes do Estado, na final estatal da segunda edición de Business Talents, un campionato educativo organizado por Herbalife Nutrition e Praxe MMT.

En segundo e terceiro lugar quedaron tres estudantes do IES Pablo Picasso de Málaga e tres alumnos da Universidade de Vigo, respectivamente. Pola súa banda, o cuarto posto correspondeu a tres alumnos da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e os quintos clasificados foron outro equipo participante do IES A Guía de Pontevedra.

O alumnado gañador repartiu máis de 7.500 euros en premios, así como diplomas acreditativos, para pór en valor o esforzo realizado na aprendizaxe mediante a práctica que é valorado polas empresas e institucións.

Durante a final deste concurso educativo, un total de 227 universitarios e estudantes de Grao Superior, pertencentes a 26 universidades e centros educativos de España déronse cita en Madrid de maneira presencial.

Os finalistas tiveron que converterse en directivos para demostrar o seu talento empresarial dirixindo unha empresa automobilística a través dun simulador empresarial que permite tomar todo tipo de decisións dentro dunha compañía.

Para gañar, os participantes tentaron alcanzar os máximos beneficios para a súa empresa virtual e convertela na máis próspera fronte ao resto. Para iso tiveron que tomar decisións en tempo real, analizar as oportunidades, así como as diferentes variantes e a competencia, para demostrar que sacaron adiante a mellor compañía.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...