InicioPolíticaO BNG vigués sinala como "preocupante" o aumento das esperas nos centros...

O BNG vigués sinala como “preocupante” o aumento das esperas nos centros de saúde da cidade

"Falamos de ter que esperar como mínimo unha semana, dez días e ata dúas semanas no caso de Navia para conseguir unha cita", criticou o representante do BNG Xabier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo alertou dun novo aumento “moi preocupante” dos tempos de espera da Atención Primaria da cidade, con esperas de ata dúas semanas en Navia.

“Esta situación é consecuencia directa das políticas de recorte aplicadas nos últimos anos pola Xunta do Partido Popular, en contra da sanidade pública no seu conxunto, pero que se ten cebado especialmente en contra da Atención Primaria”, recriminou o conselleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas.

Segundo el, o aumento dos tempos de espera afecta a todos os centros de saúde de Vigo, pero con especial intensidade nos ambulatorios de Coia, A Dobrada, Casco Vello e Coruxo.

“Falamos de ter que esperar como mínimo unha semana, dez días e ata dúas semanas no caso de Navia para conseguir unha cita”, criticou Igrexas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...