InicioVigo e contornaVigoO TSXG ordena repetir outra vez o xuízo á traballadora do Sergas...

O TSXG ordena repetir outra vez o xuízo á traballadora do Sergas que entrou no historial médico da filla

O TSXG desestimou en dúas ocasións a absolución das audiencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A traballadora do Sergas de Vigo que foi xulgada e absolta en dúas ocasións tras acceder ao historial clínico da súa filla sen a súa autorización, volverá sentar no banco, despois de que, por segunda vez, a sentenza absolutaria fose anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A vista celebrarase este luns na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

A muller foi xulgada en 2019 por primeira vez despois de que se constatase que accedera ata en 69 ocasións no historial clínico da súa filla sen o permiso desta. A Audiencia considerou que non se podía probar sen dúbida que non houbese esa autorización e mesmo advertía de que podería haber motivos espúreos na denuncia da filla (coa que ten mala relación), polo que absolveu á acusada.

Ese mesmo ano, o TSXG revogou esa sentenza e ordenou repetir o xuízo ao considerar que se vulneraron as regras de distribución da carga da proba, que houbo erro na valoración desta e que non houbo explicación razoada.

A vista repetiuse en 2021 e, de novo, a Audiencia absolveu á acusada. No verán dese ano, o TSXG volveu estimar recurso da denunciante e da Fiscalía, e de novo anulou a sentenza, practicamente cos mesmos argumentos que na primeira anulación, e ordenou repetir o xuízo, que foi fixado para este luns.

FEITOS

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, a muller, aproveitando a súa condición de traballadora do Sergas no servizo de Admisión, accedeu ao historial médico da súa filla en decenas de ocasións entre xuño de 2012 e abril de 2014.

Nos xuízos celebrados, a muller afirmou que contaba con permiso da súa filla e que o facía porque estaba preocupada pola súa saúde. O ministerio público tamén expón que non hai probas de que a acusada difundise a información obtida.

Con todo, a Fiscalía considéraa autora dun delito de revelación de segredos relativos á saúde por parte de funcionario público, e pide que sexa condenada a 4 anos de prisión, 9 anos de inhabilitación e o pago dunha multa de 7.200 euros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

A viguesa Dani Dicostas leva o pop galego ao Benidorm Fest 2027 como única candidata de Galicia

RTVE anunciou os 18 artistas que competirán pola Sirenita de Ouro na sexta edición...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...