InicioSociedadeAs novas tecnoloxías, aliadas das persoas con esclerose múltiple

As novas tecnoloxías, aliadas das persoas con esclerose múltiple

Persoal médico e pacientes abordan en Vigo o uso de 'apps' e novos tratamentos para enfrontar a enfermidade.

PUBLICADO O

Profesionais sanitarios, persoas enfermas de esclerose múltiple, familiares e asociacións reuníronse este venres en Vigo nun simposio organizado pola Sociedade Galega de Neuroloxía para abordar o uso de ‘apps’ e novas tecnoloxías no seguimento da enfermidade, así como as novidades en tratamentos.

No encontro, no que participaron decenas de persoas, trasladáronse as últimas novidades en tratamentos, entre eles o novo fármaco de Novartis (que se presentará o 29 de abril), coa finalidade de que as persoas doentes coñezan os recursos á súa disposición e sexan protagonistas do proceso asistencial.

A neuróloga do Hospital Álvaro Cunqueiro, Elena Álvarez, subliñou que este tipo de encontros son un “fito”, porque se dirixen de forma específica a pacientes, familias e asociacións, e conéctanos cos profesionais médicos e de enfermaría, que “traballan xuntos” na abordaxe desta enfermidade, que ten especial incidencia en “persoas novas”.

Precisamente, destacou a boa acollida das persoas enfermos, que son persoas “formadas” e “conectadas”, e que demandan información, coñecer novos tratamentos e estar ao tanto de todo o que afecta ao día a día da esclerose múltiple.

No simposio tamén se abordou o uso de ‘apps’ para o seguimento da enfermidade, e a enfermeira Elena Allegue explicou como se poden usar estas ferramentas tecnolóxicas para cuestións como preparar as consultas de Neuroloxía, conseguir adherencia aos tratamentos, ou recibir información. O enfermeiro César Sanchéz, pola súa banda, explicou o papel destes profesionais na comunicación co paciente e a súa familia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...