InicioSociedadeA Xunta, sobre ese "concerto importante" avanzado por Feijóo: "Non imos decepcionar"

A Xunta, sobre ese “concerto importante” avanzado por Feijóo: “Non imos decepcionar”

A administración autonómica denuncia que o alcalde, Abel Caballero, "ten moito interese en que o Xacobeo desapareza da cidade".

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia confirmou que ultima as actividades e concertos que se celebrarán en Vigo no marco da programación do Xacobeo 21-22, e que será presentada “en próximos días”, e pediu “un pouco de paciencia” porque dita programación para a cidade “non vai decepcionar”.

Así o trasladou o vicepresidente primeiro do goberno galego, Alfonso Rueda, en resposta a preguntas dos medios sobre o “concerto importante” avanzado por Feijóo para a cidade con motivo do Xacobeo.

Segundo apuntou, na cidade “vanse facer cousas importantes do Xacobeo” e a Xunta “seguirá facendo forza” para que Vigo “tamén se poida beneficiar” do impacto positivo do Ano Santo, como primeira cidade de Galicia, e iso pese ao alcalde, Abel Caballero, que “ten moito interese en que o Xacobeo desapareza da cidade”.

Con todo, evitou confirmar o nome do grupo ou artista dese gran concerto e limitouse a indicar que se fará “un especial esforzo na cidade” para que o Xacobeo “deixe pegada“, que haberá máis dun concerto e outras actividades.

A programación anunciarase proximamente e Alfonso Rueda pediu “un pouco de paciencia” porque está “practicamente pechado” ese concerto importante. Respecto diso, puntualizou que este ano está a ser “especialmente complicado” planificar ese tipo de actuacións “despois de dous anos de parón”.

Finalmente, sinalou que “haberá variedade” na oferta e tentarase “contentar a todo o mundo” en función dos seus gustos. “En poucos días poderemos anuncialo (…), non imos decepcionar”, apostilou e engadiu que os eventos terán lugar en “sitios adecuados” e tendo en conta os requirimentos das persoas artistas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...